InicioVigo e contornaVigoVigo suma 11 bandeiras azuis, que descenden en Cangas

Vigo suma 11 bandeiras azuis, que descenden en Cangas

Galicia é a terceira CCAA por galardóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia repite este ano como a terceira comunidade con máis bandeiras azuis nas súas praias, tras Valencia e Andalucía, ao recibir este distintivo un total de 112 areais galegos, distribuídos en 34 municipios. De todas as praias galardoadas en 2022 pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) hai tres que lucirán a bandeira azul por primeira vez: Porto Suevos, en Arteixo; Banda do Río, en Bueu; e Santa Baia, no municipio pontevedrés de Vigo.

Fontela Valea, en Barreiros, volve sumarse á lista de praias con esta distinción e substitúe a outro areal do municipio lucense, Cantil-Remior. Doutra banda, o municipio de Cangas é o que perde maior número de insignias, que xa non ondearán en Melide e Rodeira. Nesta última, a Adeac retirou o pasado verán a bandeira azul tras as obras que supuñan a explanación de 2.500 metros cadrados de areal para habilitar pistas deportivas.

Ademais das praias, 11 portos deportivos recibirán unha bandeira azul, mentres que 14 instalacións dedicadas á educación ambiental e á atención aos visitantes terán consideración de centros azuis. Tamén se converterán 29 rutas en carreiros azuis. Este balance de 166 distintivos en Galicia supón un crecemento de 11 respecto de 2021. En canto ás praias, o número aumenta nun fronte aos 111 do ano pasado. De igual forma, Galicia engade nove carreiros azuis e un novo centro azul en Camariñas. Pola súa banda, o número de portos mantén o mesmo dato.

SANXENXO REPITE COMO MUNICIPIO MÁIS GALARDOADO

Nesta edición de bandeiras azuis, Sanxenxo repite como o municipio con máis areais galardoados en toda España, un total de 17. Ademais, o municipio pontevedrés suma tres distincións para os seus portos deportivos. Na provincia de Pontevedra tamén destacan Vigo, que suma 11 praias; Baiona, con seis areais e un porto galardoado; e Cangas, Marín e Bueu, con cinco praias cada municipio, por un porto no primeiro destes concellos e dous centros azuis en cada un dos restantes.

Así mesmo, na provincia da Coruña a localidade de Arteixo volve concentrar o maior número de bandeiras azuis, con oito. Séguenlle as cidades da Coruña (cinco areais e un porto) e Oleiros (cinco praias e dous centros azuis). Por último, Foz continúa á cabeza en Lugo con cinco praias galardoadas. Completan o podio Barreiros, con tres areais, e Burela, que suma tres praias e dous centros azuis.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...

O BNG esixe o fin da licitación do bus en Vigo para evitar pagar “un 90 % máis polo mesmo”

O grupo municipal do BNG volveu a reclamar este xoves que se desista do...

Escotet alerta sobre o impacto da guerra de Oriente Medio na economía galega

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, reiterou o compromiso da entidade co tecido...