InicioVigo e contornaVigoFerido un motorista tras unha colisión contra un coche en Sárdoma

Ferido un motorista tras unha colisión contra un coche en Sárdoma

O home quedou no asfalto a consecuencia do impacto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista resultou ferido na mañá deste martes tras chocar contra un turismo na cidade de Vigo, segundo informaron fontes do 112 Galicia a Europa Press. En concreto, os feitos ocorreron minutos antes das 11,30 horas deste martes á altura do cruce da rúa Fragosiño coa rúa Moledo, na parroquia de Sárdoma da cidade olívica.

Foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencias debido a que o motorista quedara tombado na estrada. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse os servizos de urxencias sanitarias e á Policía Local.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...