InicioSociedadeVeciñanza do rural de Vigo protesta pola construción dunha vía de alta...

Veciñanza do rural de Vigo protesta pola construción dunha vía de alta capacidade

Baixo o lema "Salvemos ou rural de Vigo", decenas de persoas situáronse nos pasos de peóns da Praza de América para solicitar a viandantes e condutores "que tomen partido para axudalos a protexer a pouca natureza que lle queda á cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Veciñanza das poboacións viguesas de Beade, Bembrive, Sárdoma e Castrelos manifestáronse este sábado en Vigo apoiados pola Plataforma de afectados polo viario de Beade (Avibe) e organizacións ecoloxistas como Adega, Amigos da Terra ou Greenpeace, para denunciar as consecuencias que podería provocar no rural vigués o tramo do viario de alta capacidade PO-010 A Balsa-Baruxáns.

Baixo o lema “Salvemos ou rural de Vigo”, decenas de persoas situáronse nos pasos de peóns da Praza de América para solicitar a viandantes e condutores “que tomen partido para axudalos a protexer a pouca natureza que queda á cidade”, indicou Avibe.

Desta forma, as entidades convocantes buscan o apoio da cidadanía viguesa para concienciar sobre “os beneficios de conservar a biodiversidade e o rural“, facendo fincapé nos “custos ambientais e sociais irreversibles” que a iniciativa do viario tería sobre o rural vigués. Ademais, desde a plataforma de afectados apuntaron que esta estrada “favorecería a entrada masiva de vehículos na cidade”.

A portavoz de Avibe, Ana Pascual, manifestou durante o acto que o rural e a biodiversidade dos arredores da cidade olívica “son vitais para a saúde ambiental do Concello”, polo que solicitou á poboación viguesa que lles “axuden a protexer a pouca natureza que nos queda e que lle digan connosco ao Concello que non ten sentido insistir en construír unha estrada que non é necesaria”.

ÚLTIMAS

O escritor porriñés Diego Giráldez García, Premio de Novela Blanco Amor con ‘As obras póstumas’

O escritor do Porriño Diego Giráldez García é o gañador do XLIII Premio de...

OPINIÓN.- Un Museo da Emigración Galega na Estación Marítima de Vigo: Unha débeda pendente.

A cidade de Vigo, actual motor económico de Galicia, foi durante case dous séculos...

O Porto de Vigo supera os 5 millóns de toneladas en tráficos a falta dun mes para pechar o ano

O Porto de Vigo logrou superar os 5 millóns de toneladas en tráficos a falta dun...

Xunta e Uvigo alíanse para crear unha ferramenta que identificará refuxios climáticos nos concellos

A Universidade de Vigo e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático asinaron un convenio...