InicioVigo e contornaVigoRaphael súmase aos concertos de verán en Castrelos

Raphael súmase aos concertos de verán en Castrelos

Actuará o 16 de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante Raphael volverá actuar en Vigo e, tal e como anunciou o alcalde, Abel Caballero, incorpórase ao programa de concertos do auditorio de Castrelos para o verán deste 2022, cunha actuación o 16 de agosto.

Nunha rolda de prensa, o rexedor confirmou o concerto do artista dentro da súa xira internacional ‘Raphael 6.0’, coa que conmemora os seus 60 anos sobre os escenarios. “Falar de Raphael é superfluo”, sinalou Abel Caballero, en alusión á impresionante traxectoria do cantante: 326 discos de ouro, 49 discos de platino e un disco de uranio (único cantante de fala hispana que o obtivo) por vender 50 millóns de discos.

Raphael xa actuou no auditorio de Castrelos, ante miles de persoas, en agosto de 2018; e celebrou concertos na cidade olívica en abril de 2015 e en outubro de 2012. O programa de concertos para este verán no emblemático auditorio vigués complétase coas actuacións, xa confirmadas, de Sebastián Yatra (13 de xullo), Tanxugueiras (30 de xullo), Leiva (4 de agosto), Sting (6 de agosto), Lola Índigo (8 de agosto) e Hombres G (14 de agosto).

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...