InicioEconomíaA Xunta confirma que a nova ampliación do Ifevi estará lista a...

A Xunta confirma que a nova ampliación do Ifevi estará lista a finais de marzo e Caballero acúsaa de “mentireira”

"Non din que a administración galega pretende "que lle regalen dous pavillóns", afirma o alcalde de Vigo.

PUBLICADO O

As obras de ampliación que a Xunta está a acometer no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) estarán rematadas a finais de marzo, segundo confirmou este xoves a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, que volveu defender a “compatibilidade” dos usos feirais e os usos deportivos no recinto, onde se instalarán módulos cubertos para a práctica de atletismo.

Tras unha visita, na que estivo acompañada polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, a delegada da Xunta explicou que na nave traballan máis dun cento de operarios para que a instalación estea “practicamente rematada” coincidindo coa celebración, este mes, do ‘World Padel Tour’. De feito, os participantes neste evento deportivo terán á súa disposición os novos vestiarios no pavillón 5.

Segundo Fernández-Tapias, esta cita deportiva demostra a “compatibilidade” do uso expositivo e o deportivo, e defendeu que o módulo de atletismo previsto “potencia a funcionalidade e o atractivo” do Ifevi.

A delegada lembrou que as pistas de atletismo “nin son para o Concello nin son para a Xunta, son para os atletas”, e lamentou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, se opoña a esta instalación, que dará resposta a unha vella demanda dos clubs.

Por outra banda, recalcou que o Goberno galego apoia o Ifevi “con feitos”, como o investimento de 7,3 millóns de euros nesta ampliacion do recinto. A suma elévase a case 30 millóns se se teñen en conta outros investimentos anteriores, matizou.

“MENTIREIROS PATOLÓXICOS”

Mentres, o alcalde de Vigo foi moi crítico coa visita da “subdelegada” da Xunta ás obras do Ifevi, e proclamou que os responsables autonómicos son “mentireiros patolóxicos” porque non din que a administración galega pretende “que lle regalen dous pavillóns”.

Ademais, incidiu Abel Caballero, a celebración do ‘World Padel Tour’ ocupará unha parte do Ifevi só durante unha semana, e o Concello pagará polo aluguer dese espazo máis de 65.000 euros. Respecto diso, volveu insistir en que, se a Xunta desexa dispor de espazo no instituto feiral, deberá pagar por iso.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...