InicioCulturaTeatro, cinema, música ou contacontos para un novo 8M en Vigo

Teatro, cinema, música ou contacontos para un novo 8M en Vigo

As actividades comezarán a partir deste sábado, día 5 de marzo, e finalizarán o próximo 22 de marzo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Teatro, cinema, música e contacontos serán algunhas das actividades enmarcadas nos actos que se levarán a cabo en Vigo polo Día Internacional da Muller, que se conmemora o próximo 8 de marzo. Así o anunciaron este mércores o alcalde, Abel Caballero, e Ángeles Arias, en representación do Consello municipal da Muller. As actividades comezarán a partir deste sábado, día 5 de marzo, e finalizarán o próximo 22 de marzo.

Arias detallou a ducia de accións previstas, como a proxección da curto ‘Anatomía dunha serea‘, de Adriana Páramo, o vindeiro sábado ás 19,00 horas no auditorio municipal do Concello. O luns, á mesma hora, levará a cabo o recital de poesía de xénero, con Silvia Penas, na Casa Galega da Cultura.

Ademais da manifestación do 8M, o martes ás 10,00 horas terá lugar un pleno específico do Concello da Muller e ao día seguinte, ás 20,00 horas, representarase o teatro ‘Tabú’, da compañía Tarabela Creativa, no auditorio do Concello. O contacontos de igualdade levado a cabo por Paula Carballeira será na Praza 8 de marzo o venres 11 a partir das 17,30 horas.

A seguinte semana tamén haberá programación, como o acto de entrega do X Premio de Igualdade Ernestina Otero o 15 de marzo ás 20,00 horas no auditorio do Concello, entre outras actividades.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...