InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbel Caballero sinala que os restos de Elduayen foron tapados por seguridade

Abel Caballero sinala que os restos de Elduayen foron tapados por seguridade

As declaracións do alcalde de Vigo veñen logo de que o BNG reclamase información sobre o que está sucendendo cos restos patrimoniais encontrados durante unhas obras.

PUBLICADO O

O BNG de Vigo reclamou os informes técnicos sobre a xestión dos restos patrimoniais aparecidos na escavación da obra de construción dun túnel en Elduayen (parte da muralla da cidade e de vivendas), despois de que devanditos restos fosen soterrados, e o alcalde, Abel Caballero, precisou que ese xacemento foi tapado como medida de seguridade.

O concelleiro nacionalista Xavier Pérez Igrexas lamentou que, a pesar da súa petición de información, o goberno municipal non achegou datos sobre os achados arqueolóxicos ou sobre o que se pretende facer con eles, e apuntou que foron soterrados “sen dar explicacións”.

Por iso, ante esta “opacidade”, solicitou ter acceso aos informes técnicos sobre a xestión dese xacemento e volveu a advertir de que a construción do túnel (para a peonalización da Porta do Sol) non debe anteporse á realización dun estudo rigoroso dos restos atopados.

Así, tras reclamar un “cumprimento estrito da normativa de protección patrimonial”, pediu non perder “a oportunidade de pór en valor” a “memoria colectiva” da cidade.

RAZÓNS DE SEGURIDADE

“Alegan motivos de seguridade, pero os vigueses e viguesas teñen dereito a saber cal é o valor patrimonial que se estima, cales son as intencións do goberno local”, sinalou.

Precisamente, cuestionado acerca deses restos e do seu soterramento, o alcalde, Abel Caballero, sinalou este luns en rolda de prensa que “se están tapando de acordo con Patrimonio da Xunta” e “por razóns de seguridade”.

Segundo o rexedor, os restos están a cubrirse “con todo coidado, preservándoos moi ben”, e explicou que esta medida se tomou porque as escavacións teñen partes profundas “moi preto das beirarrúas” e “quérese evitar calquera risco para as persoas”.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...