InicioEconomíaXunta e UVigo asinan un convenio de 2,3 millóns para reforzar o...

Xunta e UVigo asinan un convenio de 2,3 millóns para reforzar o material científico-técnico e de innovación educativa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a reitora da Universidade de Vigo, Carmen García Mateo, asinaron este venres en Ourense un convenio de colaboración de 2,3 millóns de euros para reforzar o equipamento científico-técnico e de innovación educativa que permitirá mellorar as capacidades dos centros de investigación de excelencia.

Segundo trasladou o conselleiro, esa achega permitirá “afondar en dúas das misións que ten a universidade”: a docencia e a investigación. No que atinxe á primeira, o investimento será de 600.000 euros, co obxectivo de “avanzar” cara a unha docencia “máis innovadora, atractiva e máis acorde coas demandas da sociedade”.

En relación coa segunda, o investimento será de 1,7 millóns de euros para dotar de materiais, recursos, tecnoloxías e equipamentos científicos “que van posibilitar que o moi bo traballo que se fai no eido da investigación” na universidade “se poida seguir facendo do mellor xeito”.

Algo que tamén celebrou a reitora, destacando dous ámbitos “fundamentais para ofrecer unha formación de calidade e seguir desenvolvendo investigación de primeiro nivel”, e resaltou a importancia de investir na universidade pública, defendendo que iso implica investir tamén “en talento, en coñecemento e en oportunidades”.

“Na Universidade de Vigo temos talento, equipos investigadores de referencia e unha gran capacidade para desenvolver proxectos competitivos e queremos seguir ofrecéndolles as mellores condicións”, engadiu García Mateo.

ÚLTIMAS

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Un camión que atravesou a mediana provocou colas quilométricas na AP-9 en Vigo

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras saírse da vía un...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cun desfile xigante de personaxes tres horas antes do acendido das luces

O Nadal de Vigo segue sumando novidades e este ano contará cunha colaboración que...