InicioPolíticaCríticas do BNG de Vigo ao proxecto do novo viario en Beade...

Críticas do BNG de Vigo ao proxecto do novo viario en Beade e Bembrive

Os nacionalistas piden a Abel Caballero que se reúna coa veciñanza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou este luns o proxecto do novo viario nas parroquias de Beade e Bembrive e pediu ao alcalde, Abel Caballero, que se reúna cos veciños afectados.

Nun comunicado, o BNG solicita a Caballero que escoite aos afectados polo viario PO-010, unha estrada que se proxecta no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo e que afectaría as zonas de Beade, Bembrive, Castrelos, Sárdoma e Matamá.

“Falamos dun viario de alta capacidade, cun trazado que suporía partir en gran medida unha parte importante destas parroquias e con gravísimas afectacións”, apuntou o portavoz nacionalista, que sinalou que a afectación non só sería ambiental, senón que podería supor a expropiación dalgunhas vivendas.

Igrexas acusou o goberno local de querer “impor” este viario, que pretende unir a A-55 coa avenida Clara Campoamor, “sen xustificar a súa necesidade”. Ademais, criticou as “contradiciones” do goberno local, xa que por unha banda di que é para mellorar as conexións co Hospital Álvaro Cunqueiro, e por outro asegura que trata de potenciar as vías para acceder á factoría de Stellantis en Balaídos.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...