InicioVigo e contornaVigoVigo suma tres casos máis de ómicron, que "avanza" en Galicia

Vigo suma tres casos máis de ómicron, que “avanza” en Galicia

A área olívica queda así con seis dos 12 positivos contabilizados na Comunidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos da variante ómicron elévanse a 12 en Galicia, tras confirmarse tres novos na área de Vigo, segundo informou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia ante os xornalistas na visita ao centro de saúde dos Mallos. Estes tres novos positivos súmanse ao nove confirmados nas últimas horas, deles seis na área sanitaria da Coruña e Cee e outro tres tamén na de Vigo.

Os dous primeiros casos desta cepa — un deles, dunha persoa que viaxara a África– foron anunciados o pasado venres polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. “A variante avanza”, recoñeceu o conselleiro, quen, por iso, considerou que hya que estar “máis atentos”. “Hai que lanzar unha mensaxe de preocupación co desenvolvemento desta variante de maneira rápida”, admitiu, apelando, para reducir contaxios, á responsabilidade individual.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...