InicioSociedadeAbel Caballero: "Roma estaba baleira e sen luces, Vigo chea"

Abel Caballero: “Roma estaba baleira e sen luces, Vigo chea”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presumiu este luns das cifras de ocupación hoteleira a pasada fin de semana na cidade que estaba "chea" de xente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presumiu este luns das cifras de ocupación hoteleira o pasado fin de semana na cidade, que atribuíu ao éxito das luces e as atraccións da campaña de Nadal, e asegurou que nin sequera unha cidade como Roma pode competir xa coa urbe olívica, dado que a capital italiana estaba “baleira e practicamente sen luces de Nadal”, mentres Vigo estivo “chea” de xente.

Así o manifestou o rexedor nunha rolda de prensa, na que constatou que os aloxamentos da cidade estiveron ao 80 % de ocupación e, “en moitos casos, chegaron ao 100 %”. Ademais, o efecto de atracción da campaña do Nadal viguesa, asegurou, encheu tamén hoteis doutras localidades da provincia, como Sanxenxo ou O Grove.

Ademais, e en ton de broma, o alcalde explicou que unha persoa coñecida envioulle fotografías de Roma este fin de semana, e puido comprobar que a cidade, incluída a Cidade do Vaticano, estaba “completamente baleira e practicamente sen luces de Nadal”. “Roma baleira, e Vigo chea”, proclamou.

Segundo lembrou, para el Vigo compite, en iluminación do Nadal, con grandes urbes como Nova York, París, Londres e Roma. “A Roma vouna a quitar da competencia”, afirmou, á vez que mostrou a súa “satisfacción” polo éxito dos reclamos da cidade olívica, “centro de atención do Nadal de toda España, e seguramente de toda Europa”.

Por outra banda, cuestionado acerca das posibles restricións nas celebracións de Noitevella, Abel Caballero afirmou que as autorizacións do Concello para festas en locais pechados cinguiranse á normativa que marque a autoridade sanitaria, é dicir, a Xunta, e que se cumprirá totalmente. “Pero aínda é cedo para tomar decisións”, apostilou.

ÚLTIMAS

O persoal de Urxencias do Álvaro Cunqueiro convoca paros diarios polo colapso do servizo

Persoal de Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo anunciou paros diarios de 15...

Caballero esixe á Xunta que resposte á proposta para financiar Balaídos e optar ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou á Xunta que resposte á súa proposta...

Investigan a un octoxenario de Baiona por disparar contra unha vaca e ferir ao seu propietario

A Garda Civil investiga a un veciño de Baiona, de 81 anos de idade,...

O BNG denuncia “colapso sanitario” en Vigo e esixe reforzar a PAC de Pizarro e crear dous novos en Navia e Teis

O BNG de Vigo esixiu un reforzo para o punto de atención continuada (PAC)...