InicioSociedadeO BNG denuncia falta de docentes en Vigo e a Xunta asegura...

O BNG denuncia falta de docentes en Vigo e a Xunta asegura que a cidade “conta cos necesarios”

O conselleiro de Educación cualifica de "alarmista" ao BNG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG denunciou este venres no Parlamento de Galicia a falta de docentes en Vigo, cuestión polo que preguntaron ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que asegurou que a cidade “conta cos profesores e persoal necesarios para facer as súas tarefas”.

Os nacionalistas aseguraron que as protestas “non deixan de sucederse” e que mesmo se acuñou a expresión ‘xoves negro’ para designar as protestas. Detallaron ademais algunhas das necesidades, como a masificación das aulas, a ausencia de orientadores nalgúns centros ou a falta de atención especializada a alumnos con necesidades especiais.

Unha situación que, din, “xeneralizada” en todos os centros de Vigo, onde o alumnado “ve como mingua a calidade educativa ao ter profesores excedidos, queimados polos recortes sistemáticos”.

O conselleiro, pola súa banda, censurou a actitude “alarmista” do BNG e aseverou que “a realidade desmente o seu discurso tráxico e catastrófico”. Así, sinalou que “Galicia mellorou en todas as variables cualitativas e cuantitativas” e que é a Comunidade “con máis recursos por estudante de España”.

Rodríguez sinalou ademais que a Xunta realizou “investimentos potentes” en Vigo en materia de educación –seis millóns para o CEIP Rodríguez Castelao de Navia–. Respecto do persoal de profesores, aseverou que “están todos os que cifra a inspección educativa”.

O BNG replicou criticando “a palabrería” do titular de Educación, ao que acusa de non dispor de datos concretos –“recollidos pola Federación de Ampas de Vigo”– e ao que lembraron a dimisión da directiva do instituto de Chapela por falta de orientador.

“Os centros educativos de Vigo contan cos profesores e o persoal necesario para facer as súas tarefas. Os resultados están enriba da mesa. As demandas son infinitas, pero hai que axustarse aos recursos dispoñibles“, concluíu Román Rodríguez.

ÚLTIMAS

Juan Carlos I aterra en Vigo na súa primeira viaxe do ano a Galicia

Juan Carlos I aterrou este martes no aeroporto de Peinador, en Vigo, na súa...

A Audiencia de Vigo avala que a Xunta mantivese a tutela dun bebé para afastalo dun fogar “de violencia, inseguridade e neglixencia”

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou o...

Cae un grupo criminal momentos antes de atracar un banco en Vigo

A Policía Nacional e Garda Civil desarticulou un grupo criminal momentos antes de atracar...

“Todos unidos defendemos España”, lema do desfile do Día das Forzas Armadas en Vigo

A cidade de Vigo acollerá entre o 26 e o 31 de maio diversos...