InicioSociedadeA UVigo participa nun proxecto para o uso da realidade virtual que...

A UVigo participa nun proxecto para o uso da realidade virtual que reduza a tensión e ansiedade entre o alumnado

A finalidade de VRxanny é mellorar o benestar dos alumnos que padecen tensións e ansiedade, sobre todo ante os exames ou presentación de traballos, e para iso crearanse os denominados 'lugares de descanso' nos que os estudantes poderán relaxarse nunha contorna virtual.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo será unha das primeiras institucións académicas a nivel mundial que utilice a realidade virtual para reducir a ansiedade e a tensión entre o seu alumnado, como socia do proxecto europeo VRxanny, financiado polo programa Erasmus+, e no que tamén participan a Universidade Politécnica e a Universidade de Lodz e a Tartu Ulikool.

O proxecto presentouse este venres en Lodz, nun acto no que participou o profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Íñigo Cuíñas, un dos 11 investigadores da UVigo que participan na posta en marcha e desenvolvemento desta iniciativa.

A finalidade de VRxanny é mellorar o benestar dos alumnos que padecen tensións e ansiedade, sobre todo ante os exames ou presentación de traballos, e para iso crearanse os denominados ‘lugares de descanso’ nos que os estudantes poderán relaxarse nunha contorna virtual.

Íñigo Cuíñas explicou que os espazos contarán con tres postos de actividade con realidade virtual. Cada un deses postos estará equipado con sistemas de mobilidade, imaxe e audio para que a experiencia sensorial sexa “completamente inmersiva” e permita aos estudantes abstraerse do mundo que lles rodea.

As actividades do proxecto arrincaron esta semana coa reunión de lanzamento e, a partir de agora, levará a cabo o deseño da aplicación de realidade virtual, a adquisición do equipamento para o tres postos que se crearán en cada universidade participante, as probas reais con estudantes e as diferentes actividades de difusión da iniciativa.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...