InicioSociedadeO Concello de Vigo prepara outro concurso de voos con "polo menos...

O Concello de Vigo prepara outro concurso de voos con “polo menos dúas rutas internacionais”

Doutra banda, lembrou que a próxima ponte de decembro retomaranse os voos do contrato con Air Nostrum, que quedara en suspenso pola pandemia de Covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo está en fase de elaboración dos pregos para a convocatoria dun novo concurso público de rutas aéreas, segundo confirmou este mércores en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen avanzou que as condicións contemplarán “polo menos dúas rutas internacionais”.

De feito, o rexedor apuntou que mesmo poderían ser tres os voos internacionais, e matizou que se tratará de conexións con ‘hubs’ “moi importantes de Europa”.

Doutra banda, lembrou que a próxima ponte de decembro retomaranse os voos do contrato con Air Nostrum, que quedara en suspenso pola pandemia de Covid.

Así, nesas datas comezarán a operar os voos a Mallorca e Valencia; en Nadal sumarase o destino de Gran Canaria e, a partir de febreiro e marzo, haberá dúas frecuencias semanais a Bilbao, Valencia e Mallorca.

A partir de abril e ata setembro de 2022, haberá voos desde Peinador a Valencia e Mallorca (sete frecuencias semanais entre abril e setembro); Bilbao (con tres voos semanais, excepto o mes de agosto); Sevilla e Málaga (entre xuño e setembro, dous voos semanais); Gran Canaria (dúas frecuencias semanais en xullo e catro en agosto); Eivissa (catro frecuencias en agosto); e Alacante e Menorca (dous voos semanais en agosto).

Ademais, como novidade sumarase unha nova ruta que conectará Vigo con Lanzarote dúas veces por semana durante o mes de agosto.

O alcalde proclamou que o goberno local traballa pola “recuperación” do aeródromo vigués que, reiterou unha vez, Feijóo “quixo pechar”, e asegurou que a cidade é “un destino referente en España e tamén en Europa”.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...