InicioSociedadeA 'zona cero' da inauguración das luces de Nadal en Vigo limitarase...

A ‘zona cero’ da inauguración das luces de Nadal en Vigo limitarase a 3.500 persoas

Será este sábado, ás 20,30 horas. Haberá valos para delimitar sete sectores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo tomará medidas para limitar a capacidade na zona centro durante o acto de acendido da iluminación do Nadal, que terá lugar o sábado ás 20,30 horas, e colocará valos para perimetrar varios sectores, de maneira que haberá un máximo de 3.500 persoas nesa zona e nese momento.

Así o explicou o alcalde, Abel Caballero, quen avanzou que se colocarán valos para delimitar sete sectores (aínda que non concretou que superficie terán) entre Policarpo Sanz, onde estará o gran abeto, e o cruzamento de García Barbón e a rúa Pontevedra, onde estará o boneco de neve luminoso.

En cada un deses sete sectores permitirase o acceso a un máximo de 500 persoas para presenciar o momento do aceso, aínda que a partir dese acto, a xente poderá empezar a moverse e a visitar a árbore e o resto de atraccións. Ademais, haberá unha pantalla no medio dese tramo para facilitar ás persoas que están máis lonxe da árbore a visión do momento no que o rexedor pulse o “botón vermello” que acenderá a iluminación “máis fermosa e máis extraordinaria que viron na súa vida”.

Por outra banda, Abel Caballero sinalou que o plan de autoprotección para ese acto contempla tamén a sinalización de itinerarios de acceso e de saída da árbore de luces led, a presenza de catro ambulancias, 80 efectivos de Protección Civil, efectivos de Policía Local e Bombeiros, persoal para “conteo” de persoas que entren nos sectores delimitados e para facilitar información sobre os itinerarios.

O alcalde tamén confirmou que, durante a campaña do Nadal, paralizaranse as obras de construción do túnel de Porta do Sol, e habilitaranse pasos peonís nesa praza para facilitar a mobilidade entre a zona alta e a baixa da cidade.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...