InicioEconomíaAs navieiras sinalan que a regulación do acceso de grupos ás Illas...

As navieiras sinalan que a regulación do acceso de grupos ás Illas Atlánticas “chega moi tarde”

As navieras volveron a criticar que o sistema activado o pasado 20 de setembro para estes grupos organizados é "un mal parche", carente de transparencia, xa que os visitantes non poden saber en tempo real as prazas dispoñibles por día e illa, de modo que non poden xestionar o seu reserva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As navieras Mar de Ons, Naviera das Rías Galegas e Cruceiros Rías Baixas saíron ao paso este mércores do anuncio da Xunta sobre a elaboración dunha orde reguladora do sistema de acceso de grupos organizados ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e lamentaron que dita orde “chega moi tarde”, a pesar do cal trasladarán á administración as súas propostas.

Segundo insistiron, “o prioritario é implantar un verdadeiro sistema de xestión de reservas áxil, transparente e eficaz, onde o usuario/a poida retirar a súa autorización directamente na Central de Reservas” para todas as cotas reguladas no Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque.

As navieras volveron a criticar que o sistema activado o pasado 20 de setembro para estes grupos organizados é “un mal parche”, carente de transparencia, xa que os visitantes non poden saber en tempo real as prazas dispoñibles por día e illa, de modo que non poden xestionar o seu reserva.

Así, reiteraron a súa proposta de replicar o sistema actual de xestión de autorizacións para visitantes diarios de tempada alta, introducindo un acceso na Central de Reservas que incorpore esta modalidade de visita (grupos organizados) co seu correspondente calendario e características, “co que o visitante terá información plena das distintas modalidades de visitas que pode ou non pode facer en cada tempada”.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...