InicioSucesosOs bombeiros liberan un neno coa man atrapada na bisagra dunha porta

Os bombeiros liberan un neno coa man atrapada na bisagra dunha porta

Os feitos tiveron lugar no Barrio de Luz, ao redor das 17,30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta da situación do neno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os bombeiros de Vigo interviron este domingo para liberar a un neno ao que lle quedou unha man atrapada na bisagra dunha porta nunha vivenda da cidade olívica.

Segundo a información facilitada no 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo liberaron a man do neno e, posteriormente, o menor foi trasladado polos profesionais do 061 nunha ambulancia ata un centro médico.

Os feitos tiveron lugar no Barrio de Luz, ao redor das 17,30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta da situación do neno. Os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Vigo, aos axentes da Policía Nacional e Local e a Protección Civil.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...