InicioEconomíaO transporte de Vigo irá á folga durante cantro días ante "incumprimentos"...

O transporte de Vigo irá á folga durante cantro días ante “incumprimentos” do convenio

O comité de empresa de Vitrasa, afirmou que se produciu "un atraso no pago das retribucións" e puxo o foco na "falta de persoal" e os "cambios de xornada laboral para paliar as deficiencias coas que se presta o servizo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité da empresa concesionaria do transporte urbano de Vigo, Vitrasa, convocou catro xornadas de folga ante “incumprimentos” do convenio colectivo.

En concreto, a representación dos traballadores detallou que os paros están previstos para os días 3, 4, 7 e 8 de agosto.

Ademais, o comité de empresa de Vitrasa remarcou que “leva meses denunciando todo tipo de incumprimentos”. Así, afirmou que se produciu “un atraso no pago das retribucións” e puxo o foco na “falta de persoal” e os “cambios de xornada laboral para paliar as deficiencias coas que se presta o servizo”.

Precisamente, o pasado ano, traballadores concentráronse para denunciar “incumprimentos” por parte da empresa e o goberno local.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...