InicioPolíticaCaballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

Así o trasladou nun comunicado a presidenta local do partido, Luisa Sánchez, que lembrou que o Concello olívico segue sen sumarse a ese acordo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a adherirse ao novo convenio para a xestión de franxas secundarias dos montes periurbanos, para que queden limpos antes da época de risco alto de incendios, e convidou ao rexedor a deixar a un lado as “polémicas partidistas” e pensar no “interese xeral”. Así o trasladou nun comunicado a presidenta local do partido, Luisa Sánchez, que lembrou que o Concello olívico segue sen sumarse a ese acordo, como fixeron a práctica totalidade de municipios de Galicia “de todas as cores políticas”.

Xa en xaneiro pasado o PP reclamou a Caballero que se adherise a ese modelo, que “ofrece unha maior capacidade técnica e menos carga administrativa, xa que sería o goberno autonómico o que se encargaría dos traballos de roza e xestión da biomasa de forma profesional e eficiente”. En pleno mes de xuño, Vigo segue sen sumarse ao convenio, e o seu alcalde, lamentou Luisa Sánchez, “optou, unha vez máis, pola soidade”. “Seica hai algunha razón obxectiva para permanecer á marxe?”, preguntou a presidenta ‘popular’.

O PP lembrou que a firma do convenio implica que a empresa pública Seaga asuma a roza e que o novo plan para o período 2026-2029 duplica os fondos anteriores, aumentando de 157 a 276 as parroquias priorizadas nos traballos de limpeza e defensa contra incendios. Tras remarcar que a prevención ante os incendios forestais é “unha gran prioridade”, insistiu en pedir a Abel Caballero que “deixe de lado as súas polémicas partidistas e pense, por unha vez, no interese xeral”.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...