InicioEconomíaStellantis Vigo anuncia novas paradas de produción pola crise dos microchips

Stellantis Vigo anuncia novas paradas de produción pola crise dos microchips

O paro na actividade producirase os próximos domingo e luns, e prevense máis interrupcións ao longo deste mes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da planta automobilística do Grupo Stellantis (antes PSA) en Vigo anunciou este mércores ao persoal que, “por causas de forza maior” e ante os problemas de aprovisionamento “que persisten”, volverá suspenderse a produción na fábrica nos próximos días.

Así, paralizarase a actividade nos dous sistemas da factoría (o que monta as furgonetas e o que monta o Peugeot 2008, o C-Elysée e o Peugeot 301) o próximos domingo e luns, e volverán traballar o martes 15 de xuño, coa incorporación da quenda B en horario de mañá.

Ademais, prevese que ambos os sistemas volvan parar na quenda de noite do mércores 23 de xuño, e nas quendas de mañá e tarde do xoves 24, así como a xornada completa do mércores 30 de xuño.

A planta viguesa está a sufrir paradas na súa produción de maneira continua desde principios de ano como consecuencia da chamada ‘crise dos microchips’, que afecta os seus provedores de compoñentes electrónicos.

Para xestionar esta situación, a planta viguesa aprobou a finais de marzo pasado a aplicación dun ERTE acordado coa maioría do comité de empresa (SIT, CC.OO. e UGT) e do que se desmarcaron os sindicatos CIG e CUT. A regulación afecta a traballadores fixos a tempo completo que esgotasen outros mecanismos de flexibilidade, como a adecuación de xornada ou a bolsa de horas, por un máximo de 60 días e ten vixencia ata final deste ano.

ÚLTIMAS

A RAGBA incorpora a Carlos López Bernárdez como experto en artes

O historiador de arte Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) ingresou este sábado na Real...

Dous accidentes en poucas horas deixan varios feridos leves en Vigo

O 112 informou de que unha saída da vía en Vigo propiciou que o...

Enfrontan penas de ata 5 anos por un roubo a man armada nun banco de Vigo

Dous homes acusados dun roubo con intimidación, como supostos autores dun atraco perpetrado nunha...

As organizacións de maiores de toda España chaman desde Vigo a acabar coa “enfermidade silenciosa” do edadismo

O XII Congreso Nacional de Organizacións de Maiores, celebrado desde este xoves en Vigo,...