InicioSociedadeIngresan un dos tripulantes do segundo barco confinado en Vigo

Ingresan un dos tripulantes do segundo barco confinado en Vigo

Fontes sanitarias detallan que o home está estable e permanece en planta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un do oito tripulantes coa covid-19 do segundo buque confinado no porto de Vigo foi ingresado no Hospital Vithas Vigo por presentar sintomatoloxía.

Diso informaron este sábado fontes sanitarias, que detallan que o home está estable e permanece en planta.

Na xornada do venres, a Consellería de Sanidade confirmou o confinamento deste buque, o ‘Emerald Leader’, no Porto de Vigo, tras detectarse 8 casos positivos de Covid-19 entre os membros da súa tripulación.

Fontes do Sergas explicaron que esta tripulación, formada por 23 persoas de varias nacionalidades (entre eles, asiáticos, latinoamericanos e europeos), permanece illada no barco, e entre eles están os casos positivos de coronavirus, que están asintomáticos.

Os contaxios foron confirmados polo laboratorio VithasLab e o barco xa foi posto en corentena antes da atracada. Ademais, Sanidade sinalou que o laboratorio de Microbioloxía do Chuvi está secuenciando mostras destes pacientes para determinar con cal variante están contaxiados.

O ‘Emerald Leader’ é un buque ro-ro con bandeira de Bahamas e que atracou en Vigo procedente de Reino Unido. Segundo os datos que manexa o Porto olívico, o barco tiña como seguinte escala o porto de Sagunto (Valencia).

Ademais deste buque, outro ro-ro permanece illado na terminal olívica, o ‘Prometheus Leader’, en cuxa tripulación se confirmaron sete contaxiados por Covid-19, coa variante india do virus. Do total de afectados deste cargueiro, hai catro persoas hospitalizadas, unha das cales está ingresada na UCI.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...