InicioSociedadeO Goberno de Vigo ve "irrelevante" a nova achega da Xunta para...

O Goberno de Vigo ve “irrelevante” a nova achega da Xunta para O Marisquiño e pídelle 500.00 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno de Vigo manifestou que o incremento da achega que a Xunta propuxo para o festival do Marisquiño “é irrelevante e insuficiente” e augurou que, ademais, vai incumprir ese compromiso.

Así o trasladou nun comunicado, despois de que a delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, comunicase que o Goberno autonómico está disposto a incrementar a súa achega ao festival, pasando de 120.000 a 200.000 euros, no caso de que reconsidere marcharse de Vigo; e pedise ao Concello e á Deputación que “rectifiquen” a súa decisión de recortar as súas axudas nun 70 %.

O Goberno vigués chamou á Administración autonómica a “que iguale a cantidade que achegaron Concello e Deputación de Pontevedra nas últimas edicións do certámen, unha cooperación que alcanzou os 500.000 euros, máis servizos como limpeza e seguridade, entre outros”.

“A última vez que a Xunta se comprometeu a incrementar a súa colaboración co festival non o fixo, é dicir, volveu incumprir o seu compromiso, do mesmo xeito que o vai a facer agora”, mantivo, insistindo en que “mentres a Xunta obstaculiza, o Goberno local segue traballando para manter na cidade este evento deportivo”.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...