InicioEconomíaCondenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de Vigo por vulneración de dereitos fundamentais de catro traballadores, por incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais, e deberá indemnizar as persoas prexudicadas con cantidades que suman case 20.000 euros.

Segundo consta na sentenza, á que tivo acceso Europa Press, o Concello contratou en novembro de 2019 unha empresa externa para realizar unha Avaliación de Riscos Psicosociais no Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego. Esa avaliación concluíu que existen riscos moi elevados en diversos ámbitos e propuxo unha serie de medidas, entre as que estaban aclarar as funcións de cada traballador, establecer procedementos para minimizar as contradicións e os conflitos pola diversidade de criterios, revisar as cargas de traballo ou distribuír por parte da xefatura de servizo as tarefas dun xeito máis equilibrado.

O sindicato CC.OO., á vista deste informe, presentou denuncia perante a Inspección de Traballo e esta requiriu o Concello para que adoptase medidas. Na resolución xudicial recóllese que, aínda que se tomaron algunhas decisións, non se chegou a cumprir integramente coas condicións solicitadas. De feito, a Inspección de Traballo tivo que facer requirimentos posteriores, lembrando que persistían os problemas por “falta de planificación do traballo encomendado e deficientes niveis de interlocución por parte dos superiores xerárquicos”.

Tras varios emprazamentos e denuncias, o xulgado conclúe que o Concello non chegou a cumprir integramente as indicacións da Inspección e “non elaborou unha nova avaliación de riscos psicosociais nos termos en que lle foi requirida”. Por outra parte, constata que catro funcionarios dese departamento resultaron afectados, por canto se vulnerou o seu dereito fundamental á integridade física e moral debido aos incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais. Dous deses traballadores estiveron de baixa e precisan tratamento psicolóxico.

Por todo iso, o xulgado declarou a existencia desa vulneración de dereitos e o incumprimento por parte do Concello das súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais. O tribunal tamén declara que o Concello “ten a obriga de levar a cabo a oportuna avaliación dos riscos psicosociais dos demandantes no posto que desempeñan, que contemple riscos específicos, así como adoptar medidas preventivas”; e condena a indemnizar os traballadores afectados, con cantidades que suman case 20.000 euros.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...