InicioSociedadeA área de Vigo mantén dúas residencias entre os centros con máis...

A área de Vigo mantén dúas residencias entre os centros con máis contaxios de Galicia

Trátase da Moledo de Vigo, con 15 positivos, e o CRAPD II, que suma 7.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os contaxios en usuarios de residencias elévanse a 142, catro máis que na xornada anterior, con cinco casos máis na residencia DomusVi de Vimianzo, que se sitúa xa en 62 contaxiados. Así figura no parte remitido polas autoridades sanitarias aos medios este luns con datos sobre o impacto da pandemia en centros de maiores.

Nel, inclúense os cinco positivos da residencia DomusVi de Vimianzo. Dos datos hai que ter en conta tamén o falecemento dunha muller de 93 anos da residencia Santa Teresa de Jornet, na Coruña, do que se deu parte este domingo. Desta forma, o cómputo global de casos de covid-19 en xeriátricos da comunidade suma un total de 142. O centro máis afectado é a residencia DomusVi de Vimianzo, con 62 casos activos entre os seus usuarios.

En segundo lugar atópase a residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo, que contabiliza 19 casos –o mesmo número–. Séguelle a residencia Moledo de Vigo, con 15, e a San Bartolomeu de Xove, con 14, sen cambios respecto da xornada anterior. Con sete usuarios afectados están a Santa Teresa Jornet da Coruña –un menos tras o falecemento dunha muller de 93 anos–, con sete o CRAPD Vigo II e La Saleta, de San Cristovo de Cea, con cinco.

A residencia Monte Tecla da Guarda rexistra catro maiores enfermos, mentres que Vila do Conde, en Gondomar, e DomusVi Vigo teñen dous cada unha. Finalmente, hai un maior afectado en cada unha das seguintes residencias: Nuestra Señora de las Virtudes de Pontedeume, Servisenior Brión, Covelo, apartamentos tutelados San Bartolomeu de Xove e residencia Pontevedra de Vilaboa.

TRABALLADORES CONTAXIADOS

Por outra banda, a cifra de traballadores de xeriátricos contaxiados baixa este luns a 94, seis menos que o día previo. E é que nas últimas horas produciuse o alta de sete persoas, da residencia Asilo de Vilalba e sumouse un positivo da residencia Moledo de Vigo. Por centros de maiores, o maior número de traballadores con coronavirus detéctase en DomusVi Vimianzo, con 15, e San Bartolomeu de Xove, con 10. Séguenlle a residencia DomusVi Ribadumia, con oito cada unha. O resto están por baixo do seis casos. En canto aos centros de atención á discapacidade (CAPD) mantéñense sen usuarios afectados. Con todo, hai tres traballadores contaxiados: un do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña e dúas da Residencia Hogar San Rafael (Vigo), sen cambios.

ÚLTIMAS

Sindicatos denuncian un ambiente de traballo “insoportable” en VigoNature e unha progresiva “privatización”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou un ambiente de traballo "insoportable" no...

Mondra musicará en Cans ‘Miss Ledya’, primeira obra de ficción rodada en Galicia e na que actúa Castelao

O cantante Mondra musicará no Festival de Cans a cinta muda 'Miss Leyda', película de 1916 considerada a...

Estafa máis de 5.500 euros a unha muller facéndose pasar por traballador de Ocivigo e Ronsel Viaxes e non entrará no cárcere

Un acusado de estafar ao facerse pasar por traballador dunha axencia de viaxes para...

A Xunta acusa a Caballero de “bloquear” investimentos en Vigo: “Ifevi, ETEA, pistas de atletismo ou rúa Lalín”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, acusou ao alcalde, Abel Caballero,...