InicioVigo e contornaVigoTalan finalmente todos os cedros da Ronda Don Bosco por risco de...

Talan finalmente todos os cedros da Ronda Don Bosco por risco de derrube

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta mañá procedíase á tala dos últimos cedros de gran porte que coronaban a praza da Ronda de Don Bosco en Vigo.

Os motivos esgrimidos dende o Concello responden, segundo sinalan, a uns informes técnicos internos e externos que recomendaban a súa tala por risco de derrube.

Foran os dous únicos cedros que se salvaran logo de que iniciarse o proxecto de humanización e outras dúas ábores cederan e cairan na mesma praza.

Naquel momento o alcalde, Abel Caballero, sinalaba como culpable á acción da propia gravidade (eran árbores de doce metros) e un raizamen “moi endeble”. Así mesmo o rexidor comprometérase a prantar outras especies de igual porte para esta praza.

A humanización na Ronda de Don Bosco causou grande estupor e controversia con motivo da tala destas árbores lonxevas que conformaban a imaxe desta céntrica rúa.

Caballero xa anunciou que vai sustituir todas as árbores por especies de igual porte como o liquidámbar así como de menor porte como ginko biloba e glicinias.

Os cedros estaban catalogados e protexidos segundo o propio inventariado municipal.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...