InicioSociedadeAs ambulancias de Vigo aseguran que desinfectaron logo de levar a 4...

As ambulancias de Vigo aseguran que desinfectaron logo de levar a 4 positivos pero a CIG desmínteo

Os traballadores aseguraron que a empresa traslada pacientes "nos asientos de diante", acusación non desmentida ata o momento.

PUBLICADO O

Novo episodio na polémica denunciada polos traballadores de Ambulancias do Atlántico. Días atrás, a CIG recollía as denuncias de operarios e conductores que aseguraban que a empresa concesionaria estaría obrigando aos seus empregos a levar pacientes nos asentos de diante para aforrar espazo. Segundo recolleu Xonal de Vigo a partir da versión do sindicato, esta práctica tería sido habitual no mundo prepandemia, prolongándose logo durante a actual situación sanitaria.

Fronte a estas acusacións, Ambulancias do Atlántico -que xestiona a concesión de boa parte do servizo de ambulancias do sur da provincia de Pontevedra- vén de achegar a súa propia versión dos feitos. A empresa, con todo, non nega que os traslados nos asentos de diante sigan a producirse, como denunciaron sindicatos e traballadores. A empresa, iso si, fai fincapé na existencia dun “protocolo específico de desinfección dos vehículos” para garantir a salubridade dos mesmos.

Por outro lado, a empresa vén de comunicar que “catro dos enfermos de diálese que habitualmente son trasladados” “deron positivo”, unha circunstancia que, afirman, puxo en marcha “todos os mecanismos previstos nos procedementos vixentes”. Ambulancias do Atlántico, porén, afirma que -de acordo tanto co seu departamento de prevención como co propio Sergas- os condutores “non podían considerarse contacto estreito cos pacientes positivos”, polo que “non era necesario retiralos do seu posto de traballo”.

A empresa non aclara se estes pacientes contaxiados por covid chegaron a viaxar na parte de diante da ambulancia, que en principio non contaría co illamento adecuado para previr dunha transmisión do virus. Con todo, explican, o Sergas realizou unha PCR aos tres traballadores involucrados no traslado dos contaxiados, “resultando negativa nos tres casos”.

“NON SE DESINFECTOU”

Polo outro lado, o comité de empresa carga con forza contra a xestión da empresa, á que acusa de diversos incumprimentos do protocolo sanitario. Para comezar, Fernando Mored, presidente do comité, asegura que Ambulancias do Atlántico “non desinfectou as ambulancias logo de trasladar eses pacientes positivos”. Do mesmo xeito, e sempre segundo este versión, dous dos traballadores implicados no traslado seguen traballando.

Os supostos incumprimentos da empresa, porén, van máis alá do traslado destes positivos, que segundo o sindicalista foron na parte de atrás do vehículo. De acordo con Mored, a empresa indica aos traballadores que desinfecten as ambulancias na vía pública, “cousa que está prohibida”. O comité de empresa prevé reunirse proximamente para abordar unha denuncia ante o Sergas logo de rexistrar, á parte, viaxes de ata sete pacientes nun só vehículo.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...