InicioSociedadeDenuncian que as ambulancias da área de Vigo levan pacientes "nos asientos...

Denuncian que as ambulancias da área de Vigo levan pacientes “nos asientos de diante”

A Cig anuncia que levará o caso ante o Sergas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nova denuncia da CIG en materia sanitaria. Segundo vén de informar o sindicato nun comunicado, unha das empresas concesionarias do servizo de ambulancias de Galicia estaría a “obrigar” aos seus técnicos a que trasladen pacientes “na parte dianteira” dos vehículos. A empresa en cuestión sería Ambulancias do Atlántico, que de acordo coas fontes sindicais conta coas concesións do servizo sanitario non urxente no sur da provincia de Pontevedra.

A cuestión é que, sempre segundo a versión dos sindicatos, o feito de levar aos pacientes nos asientos de diante era unha práctica máis ou menos común ata o comezo da pandemia, cando deu á súa fin por razóns evidentes. “Con anterioridade xa había técnicos e técnicas que non o facían por cuestións de seguridade”, tal e como establece a avaliación de riscos laborais”, destacan.

E é que, de acordo coas mesmas fontes, o feito de levar a estes pacientes nos asientos dianteiros dos vehículos “incumpre algúns aspecos da lei de transporte sanitario e contradí a avaliación de riscos laborais”. O conflito gaña inri porque, supostamente, a empresa con sede en Mós estaría a “obrigar” aos seus operarios a desenvolver esta práctica que podería ser “ilegal”.

Segundo explican os sindicatos, a zona dianteira das ambulancias “non son as máis axeitadas para unha correcta desinfección”, xa que están tapizadas, “maioritariamente”, con tela. Do mesmo xeito inciden en que neste modelo non se respecta a intimidade dos pacientes. “Levamos información súa nunha PDA que está á vista, polo que se viaxan persoas canda nós non se garante a confidencialidade”.

ENCHER A PARTE DE DIANTE

Ante estas circunstancias, a entidade sindical anuncia que  porá esta cuestión en coñecemento da Axencia de Protección de Datos. Subliñan, neste aspecto, que “tampouco se garante a intimidade das persoas que viaxan diante xa que os cristais dianteiros non están tintados” e “calquera pode ver dende fóra quen vai dentro”.  “As ambulancias van parecer pateiras”, engaden. 

A problemática orixinal que motiva este posible incumprimento non é outro que o número de prazas dispoñibles. “Como algunhas das sete prazas da parte traseira van moitas veces ocupadas con padiolas ou cadeiras de rodas o que pretenden é encher tamén a parte de adiante”. Neste aspecto, destacan que “non hai que esquecer que estamos a falarde persoas, polo que hai que garantir que viaxen nunhas condicións dignas, e isto pasa por que o fagan na zona asistencial, que é a traseira”.

Neste contexto,  comité anuncia que lle comunicará esta medida ao Sergas coa intención deque a deixe sen efecto, “sobre todo tendo en conta que no contexto actual de alarma sanitaria faise máis necesario ca nunca extremar as medidas de protección para evitar contaxios”. A empresa, cun cadro de persoal de 115 persoas, encárgase do transporte non urxente “en boa parte” dos concellos do sur da provincia de Pontevedra, din os sindicatos.

ÚLTIMAS

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...