InicioPolíticaAbel Caballero tacha de "contos da China" o plan da Xunta para...

Abel Caballero tacha de “contos da China” o plan da Xunta para a automoción

Advirte de que "os que ofrecen cantidades e non as teñen, dedícanse a enganar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou como “contos da China” o plan anunciado pola Xunta para captar fondos europeos de reconstrución postcovid e mobilizar 1.300 millóns de euros para o sector da automoción, e subliñou que “o interlocutor” válido é o Goberno de España, que acaba de anunciar 10.000 millóns de euros para esta industria.

Así o manifestou nunha rolda de prensa na que subliñou que é “moi boa noticia” para Vigo o anuncio do Executivo central. Respecto diso, recalcou que se prevén 6.000 millóns para potenciar a mobilidade sustentable e outros 1.500 millóns para o desenvolvemento do ‘hidróxeno verde’.

“E Vigo vai aí”, proclamou, á vez que sinalou que o goberno municipal olívico “está a reclamar” para a cidade e a súa contorna “un plan de hidróxeno verde“, unha fábrica de baterías para afianzar o desenvolvemento do vehículo eléctrico e un circuíto de probas. “Agora xa temos interlocutor. Xa sabemos con quen hai que falar, e o interlocutor é o Goberno de España e o Ministerio de Industria”, incidiu Abel Caballero.

Para o alcalde, “o demais son contos da China” e “os que se dedican a facer reunións, e ofrecen cantidades que non teñen, dedícanse a enganar”. “Esoutros interlocutores teñen que dicir de onde van sacar os recursos. Porque houbo quen veu aquí a enganar”, resolveu.

NAVAL

Por outra banda, o rexedor olívico volveu manifestar a súa “absoluta indignación” coa Xunta de Galicia “polo abandono do naval de Vigo”, e lembrou que o goberno galego ten as competencias en materia de política industrial.

“Feijóo aínda non se decatou de que hai un problema en Barreras? Está tan metido en Pemex, que foi buscalo a México, e aínda non se decatou?”, preguntou Abel Caballero, quen esixiu ao goberno autonómico “que baixe ao tallo e se poña a traballar” porque o naval de Vigo “non ten atención da Xunta, fotos si, pero atención, ningunha”.

ÚLTIMAS

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...