InicioSucesosDeteñen a un home en Vigo que tentou arrebatarlle a arma un...

Deteñen a un home en Vigo que tentou arrebatarlle a arma un policía

O home foi reducido logo de golpear ós axentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño de Pontevedra, P.A.N., de 34 anos de idade, como presunto autor dun delito de atentado e resistencia a axentes da autoridade, tras agredir a un funcionario e tratar de arrebatarlle a arma. Os feitos ocorreron, segundo informou a Policía Local, na madrugada deste xoves, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un establecemento hostaleiro da rúa Joaquín Loriga, onde dous homes estaban a molestar aos clientes e ao dono do local.

Ao chegar, os axentes observaron a dous homes increpando ao dono do establecemento, que informou os policías de que esas dúas persoas estaban a insultar e molestando a outros clientes, incumprindo as medidas de distanciamento. Ademais, un deles negábase a pór a máscara, aínda a pesar de que non estaba sentado, senón que se estaba movendo por todo o local.

Cando os funcionarios os requiriron para que se identificasen, os dous homes reaccionaron de forma hostil, negáronse a dar explicacións e limitáronse a insultar ao dono do local e á súa muller, á vez que se negaron a achegar a súa documentación. Os axentes informáronlles de que serían trasladados a dependencias policiais para ser filiados e, nese momento, un dos homes abalanzouse sobre un axente, golpeándoo, e tratando de arrebatarlle a arma sen éxito. O home foi reducido e, a pesar de opor gran resistencia, foi detido.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

Acepta dous anos de prisión por encerrar cunha cadea e maltratar ao fillo adolescente da súa parella en Vigo

Unha muller aceptou dous anos de cárcere por encerrar no seu cuarto cunha cadea...

Stellantis Vigo habilita 29 mesas para as eleccións sindicais: estes son os horarios por quendas

A factoría viguesa de Stellantis habilitará ata 29 mesas electorais para facilitar a participación...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...