InicioSociedadeA Deputación avisa: "a desinfección das escolas non compete ós Concellos"

A Deputación avisa: “a desinfección das escolas non compete ós Concellos”

Así o apuntan nun informe solicitado por consistorios da provincia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra advertiu de que a desinfección dos centros escolares de infantil, primaria e especial con motivo da COVID-19 “non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas que excede da pura limpeza”. 

Así conclúe un informe elaborado pola Secretaría Xeral da administración provincial que foi solicitado por concellos da provincia, para coñecer o alcance real do ‘Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos Centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021’ das Consellerías de Educación e de Sanidade .

Este documento establece medidas de prevención e un protocolo de limpeza e desinfección que contempla a limpeza dos aseos polo menos dúas veces ao día, existencia de material de desinfección, realización de limpeza e desinfección dos postos compartidos nos cambios de quenda, e ao finalizar a xornada, entre outras.

O informe asinado polo Secretario Xeral da Deputación, que xa foi remitido aos concellos, inclúe toda a normativa legal tanto estatal como autonómica en materia de educación, salubridade pública e de sanidade, incluídas as responsabilidades mínimas aínda que non sexan competencias municipais, “nas que non figura nin unha soa excepción para que sexan os concellos os que corran coa desinfección dos centros”.

O texto refire que para esta “nova competencia (impropia)” que se traslada aos municipios mediante unha disposición “que non ten o rango normativo suficiente”, non se acudiu nin á delegación de competencias na que deberá de valorarse o impacto no gasto nos municipios afectados (a pesar de que “en ningún caso poida levar un maior gasto dos mesmos”), nin o encargo de xestión a través do correspondente convenio “que así mesmo deberá acompañarse do financiamento necesario”.

PONTEVEDRA

Precisamente o Concello de Pontevedra contratou a 16 persoas para a desinfección diaria nos colexios o que supón un servizo suplementario que ascende a 297.000 euros para todo o curso lectivo nos 20 colexios públicos de infantil e primaria, así como na escola infantil da Parda. Este custo extraordinario supón un incremento dun 40 % con respecto aos 750.000 euros que está a pagar o Concello pola limpeza ordinaria dos centros escolares.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores asinou este mércores o decreto de emerxencia polo que contrata estes traballos extraordinarios a Ferrovial Servizos, actual concesionaria de limpeza viaria e de dependencias municipais. Segundo detallou en rolda de prensa o concelleiro de Servizos, Raimundo González, estes 16 novos contratos empezan este xoves co inicio do curso e estenderanse ata o 9 de xullo e desenvolverán labores de limpeza permanentemente durante o horario lectivo.

Raimundo González destacou que o Concello de Pontevedra asume ese gasto “por responsabilidade e por respaldo á educación pública” pero lembrou que se trata de “unha competencia impropia” polo que se reclamará á Xunta o pago deste sobrecusto.

ÚLTIMAS

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...

Stellantis Vigo prorroga o ERTE para 2026 con división sindical

A dirección da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis e sindicatos asinaron este venres...

A Policía alerta dunha vaga de ciberestafas con criptomoedas en Vigo e Redondela: vítimas con perdas de ata 2 millóns

A Policía Nacional alertou sobre o aumento de ciberestafas relacionadas co investimento en criptomoedas...

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...