InicioPolíticaCaballero planta cara á Xunta: Vigo recorrerá para recuperar o antigo CEIP...

Caballero planta cara á Xunta: Vigo recorrerá para recuperar o antigo CEIP Virxe do Rocío

Caballero denuncia que Educación "quere quedar" co inmoble reformado, mentres o PP critica que o Concello ten outros edificios abandonados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo presentará recurso de alzada ante a resolución da Consellería de Educación, que rexeitou a petición municipal para desafectar do uso docente o vello edificio do CEIP Virxe do Rocío, que foi reformado pola administración autonómica e que acolle agora o Centro de Formación e Recursos para o profesorado. En declaracións remitidas aos medios, o alcalde, Abel Caballero, confirmou a presentación dese recurso e defendeu que o inmoble debe reverterse á cidade para que o Concello o convirta nun centro de actividades sociais e culturais para os veciños de Coia.

Tras lembrar que o edificio non ten uso docente desde 2021, o rexedor insistiu: “Dixémoslle á Xunta que tiña que devolver ao Concello o edificio, porque xa non está adicado aos fins para os que foi cedido (..) e non quere, porque se quere quedar con el para temas de profesorado”, proclamou, e engadiu: “Paréceme ben, pero que constrúa un edificio e que non quede cun do Concello, que queremos que sexa para a cidadanía”. Caballero sinalou que o edificio deberá ser rehabilitado “porque non está en condicións neste momento para o profesorado nin para a ANPA”.

O Centro de Formación e Recursos para o Profesorado (CFRP) do Virxe do Rocío foi inaugurado en setembro de 2023 polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, tras un investimento de 400.000 euros para a súa reforma e adecuación. As instalacións contan con 3.000 metros cadrados distribuídos en tres plantas, e dispoñen dunha réplica dunha aula E-Dixgal e un Polo Creativo, dotados con todo o equipamento; tamén dispón dun salón de actos con capacidade para 100 persoas e 6 aulas de formación que suman unha capacidade máxima de 400 persoas, ao que se engaden espazos de administración e despachos.

CRÍTICAS DO PP

Ante as manifestacións do alcalde, o grupo municipal do PP censurou que, mentres Abel Caballero pide desafectar un edificio que está a funcionar “a pleno rendemento”, ten “abandonados” outros inmobles que xa están en mans do Concello. Así, o portavoz municipal popular, Miguel Martín, referiuse ás antigas casas de mestres dos colexios Canicouva e O Selo, e a antiga escola infantil de Zamáns, desafectados desde 2023, e á espera de que o goberno local decida que facer con eles.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...