InicioSociedadeA Deputación de Pontevedra e a UVigo impulsarán o estudo da presenza...

A Deputación de Pontevedra e a UVigo impulsarán o estudo da presenza das mulleres na área tecnolóxica

Poñen en marcha a Cátedra de Feminismos 4.0.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo (UVigo) impulsarán o estudo da posición das mulleres en áreas relacionas coa ciencia, a tecnoloxía, as matemáticas e a enxeñaría, así como na innovación e a dixitalización.

En concreto, esta iniciativa representa o principal obxectivo da Cátedra de Feminismos 4.0, para cuxa realización asinaron un convenio a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, e o reitor da universidade, Manuel Reigosa, este venres en Vigo.

Neste contexto, Carmela Silva advertiu da baixa presenza das mulleres en áreas ligadas á innovación e a tecnoloxía e advertiu da necesidade de “tomar conciencia da situación”. Así, incidiu en que as mulleres deben adoptar un “papel” relevante no proceso da dixitalización, así como en que resulta preciso visibilizar o traballo das investigadoras e a súa produción científica.

Así mesmo, o reitor asegurou que o feito de que o 52% da poboación non estea presente en áreas tecnolóxicas leva unha “perda do talento” feminino e chamou traballar para evitar “dar un paso atrás” en materia de igualdade.

Nesta liña, Manuel Reigosa resaltou a importancia de que os estudantes da universidade “saian das aulas con conciencia de que a sociedade ten que ser feminista”, para o que chamou a potenciar a igualdade a través da docencia, a investigación e a divulgación. Do mesmo xeito, afirmou que a cátedra permitirá que a universidade cre “conciencia e coñecemento do camiño que queda por percorrer”.

ACTIVIDADES

Adicionalmente, Carmela Silva destacou que a Cátedra de Feminismos 4.0 de 2020 inclúe máis actividades que a desenvolvida o ano anterior. En concreto, en outubro celebrarase o segundo seminario virtual ‘Sociedade dixital e xénero: hackeando o patriarcado’, que constará de dúas conferencias, unha mesa redonda e dous talleres (‘Wikimaratón feminista’ e ‘Taller virtual para identificar e combater machitroles. STOP Machitroles’).

Tamén se impulsarán axudas a investigacións relacionadas coa igualdade a través de bolsas de ata 6.000 euros e convocaranse os premios GeekGirlsCovid. Ademais, crearanse un comité de sabias para vibilizar o papel da muller no coñecemento e espazos da cátedra nas páxinas web de ambas as institucións. Do mesmo xeito, difundiranse cuestións de actualidade e a produción científica ligada ao proxecto.

ÚLTIMAS

‘Quero ser investigadora’, historias de mulleres investigadoras que triunfan na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento...

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...