InicioEconomíaO sector do metal critica a "tomadura de pelo" da patronal e...

O sector do metal critica a “tomadura de pelo” da patronal e esixe un convenio “digno”

Os sindicatos prevén novas mobilizacións despois de que os empresarios non respondesen as súas peticións para volver sentar a negociar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centos de traballadores do comercio do metal da provincia de Pontevedra saíron de novo á rúa este xoves en Vigo ante a “tomadura de pelo” da patronal e esixen un convenio “digno”. Nunha nova xornada de folga, os empregados do sector concentráronse na farola de Urzáiz a partir das 12.00 horas para protestar pola situación que están a vivir, despois de romperese a negociación do novo convenio colectivo o pasado xaneiro, pese a que o vixente documento leva xa ano e medio caducado.

A berros de “Comercio do metal, solución”; “Patronal, escoita, estamos en loita”, ou “Se sobe o IPC tamén teñen que subir os soldos”, os traballadores expresaron o seu rexeitamento ás propostas empresariais. En moitos casos apuntaron directamente á Asociación Autónoma de Empresarios de Talleres de Reparacións de Vehículos de Pontevedra (ATRA), á que responsabilizan da situación.

Segundo Transi Fernández, da CIG, esa organización empresarial pretende eliminar do convenio certos dereitos, coma a cobertura do 100 % desde o primeiro día no caso de baixa por incapacidade temporal. Este foi un dos principais motivos que levaron aos paros. Jorge Carneiro, de Comisiones Obreras, mostrou a súa vontade de “desbloquear” a situación, subliñando que a parte sindical enviou ata dous escritos ás patronais para volver sentarse a negociar, aos que non obtiveron resposta.

Pola súa banda, Roberto Puga, da UGT, lamentou a “mala fe” de ATRA na negociación, ao entender que había un posible acordo sobre a modificación das táboas salariais no convenio, pero esa organización empresarial formulou nas reunións “propostas que non estaban enriba da mesa”, coma non cubrir o 100 % das baixas.

Por todo iso, os tres sindicatos acordaron este xoves convocar outras tres xornadas de folga para o próximo mes de xuño. Con todo, aínda non concretaron os días, á espera de coordinalos con outros conflitos. Ademais, fontes sindicais indicaron que tamén están a planear outras accións para “chamar a atención” e así favorecer que se volva negociar o convenio canto antes.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...