InicioSociedadeO TSXG ignora o recurso do Concello de Vigo e insiste: o...

O TSXG ignora o recurso do Concello de Vigo e insiste: o decreto que suspende os descansos dos bombeiros é nulo

O tribunal xa ratificara a nuldiade da medida nunha sentencia emitida esta mesma semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou outra sentenza, a segunda, na que se desestima un recurso do Concello de Vigo e ratifica a nulidade do decreto municipal que suspende os descansos dos bombeiros da cidade.

Esta é a segunda resolución do alto tribunal galego neste sentido, xa que foron dous os sindicatos (CUT e CIG) que denunciaron nos tribunais ese decreto municipal. Por iso, o xulgado do contencioso administrativo número 1 de Vigo ditou dúas sentenzas, nas que declarou nulo devandito decreto.

O Concello de Vigo presentou recurso contra ambas as sentenzas e, tras coñecerse unha primeira desestimación (a correspondente á denuncia feita pola CIG), este venres fíxose pública a segunda sentenza do TSXG, que volve rexeitar as alegacións presentadas polo consistorio.

O TSXG, do mesmo xeito que xa fixera na sentenza precedente, sinala que a resolución do xulgado contencioso administrativo de Vigo non é contraria a dereito e a proba foi valorada de forma correcta. Así mesmo, insiste en que o decreto municipal recorrido (de febreiro de 2019), non especifica que a suspensión de descanso sexa unha medida temporal e que o propio contencioso administrativo detalla a vulneración de varias normas relativas á negociación deste tipo de medidas, aos tempos de traballo ou á prevención de riscos laborais.

O alto tribunal galego volve apuntar que “non se cuestiona a necesidade do Concello de Vigo de dotar de efectivos” o servizo, ata completar os 20 mínimos establecidos, pero “o que non é correcto (…) é que se proceda sen máis a autorizar ao xefe de servizo de maneira xenérica a suspender os descansos do persoal”.

O servizo de bombeiros de Vigo está en folga indefinida desde agosto do ano pasado, en demanda de máis persoal e de solucións para que poidan levar a cabo o seu traballo con garantías.

Ademais destas dúas sentenzas ratificando a nulidade do decreto de suspensión de descansos, os xulgados tamén fallaron a favor dos bombeiros cando estes recorreron o decreto de servizos mínimos establecido con motivo da folga. Nese caso, o xulgado declarouno nulo porque, entre outras cuestións, eses servizos mínimos coinciden cos ordinarios, o que “baleira de contido” o exercicio dun dereito fundamental, como é a folga.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...