InicioSociedadeO regreso de persoas maiores ás residencias DomusVi de Vigo e Cangas...

O regreso de persoas maiores ás residencias DomusVi de Vigo e Cangas completarase este sábado

Este luns trasladouse a todos os residentes de Barreiro á súa residencia de orixe.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta completará este sábado o traslado de persoas maiores usuarias das residencias DomusVi de Barreiro, en Vigo, e DomusVi de Aldán, en Cangas  de regreso ás mesmas.

Fontes do Goberno galego detallaron que este luns se trasladou a todos os residentes de Barreiro á súa residencia de orixe. Posteriormente, os usuarios do centro de Aldán regresarán ao mesmo este sábado.

En concreto, permanecían nas instalacións da Residencia de Tempo Libre de Patos, en Nigrán, nove usuarios da residencia viguesa e 10 do centro de Aldán. Así, estas persoas foran trasladadas ás instalacións de tempo libre tras rexistrarse varios casos de coronavirus nos seus centros de orixe e comprobarse que non se atopaban infectadas.

Durante a pandemia, interviñéronse tres residencias en Galicia. Precisamente, dúas delas foron as instalacións de DomusVi en Aldán e Barreiro, mentres o terceiro centro foi o xeriátrico Nosa Señora de Fátima, situado no Barco de Valdeorras (Ourense).

Así mesmo, o número de persoas afectadas por COVID-19 nas residencias de maiores de Galicia mantense sen cambios e suma 19 usuarios e 15 traballadores, segundo os datos facilitados este luns pola Consellería de Política Social, que tamén confirmou que non hai cambios nos centros de atención a discapacitados (un usuario e tres traballadores con coronavirus).

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...