InicioSucesosA Policía de Vigo incáutase dunha partida de luvas cuxa venda comprometeran

A Policía de Vigo incáutase dunha partida de luvas cuxa venda comprometeran

O almacén incumpría a obrigación de poñelos a disposición das autoridades sanitarias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo requisou unha partida de 40.000 pares de luvas de vitrilo nun almacén dunha empresa de limpeza da cidade, que xa os tiña comprometidos para a súa venda e que incumpría a obrigación de poñelos a disposición das autoridades sanitarias, no marco do actual estado de alarma decretado polo Goberno de España.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 13,30 horas deste mércores, cando unha dotación que patrullaba pola rúa Alonso Ojeda, no barrio de Teis, estaba a identificar a un viandante que tomaba o sol sen atender aos requirimentos de confinamento domiciliario.

Neses momentos, os axentes decatáronse de que unha furgoneta estaba nun almacén próximo, cunhas caixas de luvas á beira. Así, ao achegarse puideron comprobar que se trataba dunha partida de 40.000 pares de luvas de vitrilo, e que estaban comprometidas para a súa venda.

Ao entrevistarse co responsable do almacén, este recoñeceu que non notificara ás autoridades sanitarias a adquisición dese material. Por iso, a Policía inmobilizou as caixas e deixounas precintadas dentro do propio almacén, á vez que informou a persoal de Sanidade para que se traslade ao lugar a recollelas.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...