InicioEconomíaO Porto de Vigo pon en marcha un plan de continxencia polo...

O Porto de Vigo pon en marcha un plan de continxencia polo coronavirus, pero mantén a actividade “con normalidade”

Nega que se contemple o peche da lonxa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Autoridade Portuaria de Vigo puxo este xoves en marcha un plan de continxencia con medidas e actuacións para previr unha posible expansión do coronavirus, aínda que matizou que, de momento, non se prevé o peche da lonxa e a actividade desenvólvese “con normalidade”.

O porto olívico explicou que este plan de continxencia contempla diferentes medidas segundo as fases que se vaian sucedendo. Así, polo momento, mantense en Nivel 1 (de tres niveis posibles, e nun escenario no que o nivel 3 suporía o peche da actividade).

O plan contempla, na actual situación, indicacións para que os empregados do Porto manteñan unha distancia mínima cos seus interlocutores, eviten contacto físico, extremen as medidas de hixiene, etc.

Por outra banda, a Autoridade Portuaria negou que se contemple o peche da lonxa, “mentres non haxa unha norma xeral das autoridades sanitarias respecto diso, ou puntual se así o recomendasen”. “No entanto, a día de hoxe non se detectou esta necesidade e a actividade tanto da lonxa como do mercado continúa o seu curso”, detallaron desde o Porto.

Con todo, fontes da terminal viguesa confirmaron que levará a cabo a desinfección diaria das salas da lonxa de primeira venda, do mercado e da lonxa de marisco cando acaban as operacións. Unha empresa contratada para iso limpará cun praguicida de amplo espectro, autorizado polo Ministerio de Sanidade para uso na industria alimentaria.

Como medida complementaria, o Porto está a instalar dispensadores de xel desinfectante nas instalacións da lonxa e o mercado, e estase pedindo ao persoal que os usen.

Finalmente, a Autoridade Portuaria fixo un chamamento á “prudencia e ao non alarmismo”, xa que as medidas e recomendacións teñen como finalidade previr “posibles situacións futuras derivadas do COVID-19”. “A día de hoxe o Porto de Vigo traballa con total normalidade e seguirá a machada as indicacións remitadas polas autoridades sanitarias”, finaliza.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...