InicioSucesosDetido en Baiona por tráfico de drogas ao atoparse 2,9 quilogramos de...

Detido en Baiona por tráfico de drogas ao atoparse 2,9 quilogramos de marihuana no seu vehículo

Tamén se interviñeron 2.250 euros que portaba en efectivo. O home recoñeceu ser o propietario dos estupefacientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 42 anos domiciliado en Oia foi detido pola comisión dun suposto delito de tráfico de drogas na localidade veciña de Baiona tras interceptarse 2,913 quilogramos de marihuana no seu vehículo.

Segundo trasladaron fontes da Garda Civil, os feitos tiveron lugar este fin de semana durante a realización dun control de estrada na saída do punto quilométrico 0,00 da AG-57 en sentido Baiona.

Os efectivos levaron a cabo unha inspección dun dos vehículos interceptados no dispositivo ao advertir unha actitude sospeitosa no seu condutor. Deste xeito, atoparon unha caixa con 2,9 quilogramos de marihuana que o home tentou evitar que se abrise ao asegurar que contiña aveños do fogar.

Posteriormente, o condutor, ao que tamén se interviñeron 2.250 euros que portaba en efectivo, recoñeceu ser o propietario dos estupefacientes. Foi detido pola suposta comisión dun delito de tráfico de drogas. Quedou en liberdade coa obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando se lle ordenase. Ademais, a droga, o diñeiro e as dilixencias instruídas foron entregados no xulgado de Instrución en funcións de garda de Vigo.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...