InicioMedio Ambiente e PatrimonioPiden axuda para deseucaliptizar Vigo e Cangas

Piden axuda para deseucaliptizar Vigo e Cangas

Verdegaia busca "a transformación dunha zona degradada polos efectos do lume e por décadas de monocultivo de eucalipto nun auténtico bosque, rico e biodiverso".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Entre o 1 e o 7 de marzo hai organizadas unha serie de xuntanzas en Coruxo (Vigo) e en Hío (Cangas) para retirar os eucaliptos “invasores” da zona. Aseguran desde a organización, Verdegaia, que non serán as únicas da semana.

En primeiro lugar, a Comunidade de Montes de Coruxo, adicaranse a plantar especies autóctonas galegas nestas zona. A asociación, que desenvolve unha intensa actividade de restauración ambiental do seu territorio, buscan, “a transformación dunha zona degradada polos efectos do lume e por décadas de monocultivo de eucalipto nun auténtico bosque, rico e biodiverso“.

Quedarán no seu local nesta ubicación e, os menores de 16 anos, deben ir acompañados dun adulto. “Recomendamos levar unha sacha ou laia“, manifestan nun comunicado de prensa”.

A ZONA DE HÍO

Por outra banda, a Comunidade de Montes Veciñais do Hío (Cangas) convocan a súa primeira intervención en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia o sábado 7 de marzo. “Imos arrincar e descascar acacias na zona dunar de Nerga, no LIC Costa da Vela. É un traballo que dividiremos en grupos. Unhas arrancarán novas plantas e outras serán descascadas. Outro grupo encargarase tamén da retirar unhas Herbas da Pampa”, explican nunha nota de prensa.

O punto de encontro é nesta ubicación o sábado ás 10:00h. “Estamos a tempo de salvar o futuro do monte galego, así como o noso espazo como parte dunha natureza que, en definitiva, é a casa de todas e todos”, defenden desde este colectivo.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...