InicioSociedadeO Tribunal Superior obriga ao Concello de Vigo a cofinanciar os centros...

O Tribunal Superior obriga ao Concello de Vigo a cofinanciar os centros de día da Xunta

O consistorio olívico pediu revogar liquidacións trimestrais de tres centros, por máis de 170.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza na que avala que o Concello de Vigo ten que cofinanciar os centros de día de Teis, Coia e Valadares, con arranxo á normativa autonómica que establece que os entes locais teñen responsabilidade na creación, xestión e mantemento dos servizos sociais e, neste caso, a través dunha fórmula de cooperación interinstitucional, como é o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Deste xeito, a sección segunda da sala do Contencioso Administrativo do alto tribunal galego rexeita un recurso interposto polo consistorio olívico contra unha resolución do Consorcio que denegaba a revogación das liquidacións deste tres centros de día correspondentes ao primeiro semestre de 2017 (e que suman máis de 170.000 euros).

O Concello, que asinou a súa adhesión voluntaria ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar en 2007, alegou que, tras a reforma da Lei de Bases de Réxime Local, e coas novas esixencias de estabilidade orzamentaria e racionalización, quedaban sen efecto os convenios asinados antes de decembro de 2014.

A ese respecto, mantiña que a obriga de pagar esas liquidacións podería vulnerar a Constitución así como a garantía de autonomía local, posto que os servizos sociais son competencia exclusiva da Comunidade Autónoma.

COMPETENCIAS LOCAIS

Na súa sentenza, o TSXG alude a “reiterados pronunciamentos do Tribunal Constitucional”, e conclúe que as competencias municipais neste campo non están fixadas pola literalidade da lei 27/2013 (que modificou a Lei de Bases de Réxime Local), senón pola normativa sectorial que aplica cada administración autonómica.

Nese sentido, sinala que, aínda que a Xunta ten a competencia exclusiva en materia de servizos sociais, a lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia apunta que os concellos teñen responsabilidade na creación, xestión e mantemento dos servizos sociais comunitarios e dos específicos.

Por tanto, conclúe que as liquidacións reclamadas polo Consorcio ao Concello de Vigo “non incorren en causa de nulidade”, xa que “se trata de asumir o financiamento duns servizos atribuídos pola lexislación autonómica aos entes locais e para cuxa prestación se optou por fórmulas de cooperación“.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...