InicioSociedadeDesenvolven un filtro ecolóxico para a acuicultura grazas á cuncha de mexillón

Desenvolven un filtro ecolóxico para a acuicultura grazas á cuncha de mexillón

PUBLICADO O

- Advertisement -

Anfaco-Cecopesca, a Universidade de Valladolid e o grupo Tres Mares colaboraron no desenvolvemento dun filtro biológio para aplicación en acuicultura baseado nun recheo sustentable de cuncha de mexillón, no marco do proxecto BIOSHELL.

Así, o proxecto levouse a cabo a escala de laboratorio nas instalacións de Anfaco-Cecopesca, e a escala piloto na planta do grupo Tres Mares en Lires, Cee (A Coruña).

O obxectivo deste proxecto, no que tamén colaborou a Fundación Biodiversidade (Ministerio para a Transición Ecolóxica), era revalorizar as cunchas de mexillón como material de recheo en biofiltros para a depuración de augas de acuicultura.

Así, a redución do contido de nitróxeno amoniacal e materia orgánica nas augas de recirculación de piscicultura é un reto da actividade acuícula, e o filtro deseñado permite, cun baixo custo, revalorizar as cunchas deste molusco e evitar o uso de materiais plásticos.

Durante o desenvolvemento do proxecto, os prototipos a escala probados no laboratorio de Anfaco-Cecopesca arroxaron resultados “moi prometedores”, e logrouse a eliminación case total de amonio en apenas unha semana, cunha maior estabilidade, ao non necesitarse apenas control externo do pH.

Con eses resultados, a Universidade de Valladolid deseñou un biofiltro a escala piloto que empezou a operarse na planta do Grupo Tres Mares con auga real, e confirmouse a súa viabilidade ambiental e tecnolóxica.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un orzamento récord de 365 millóns para 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que o goberno local porá...

Caballero acusa á Xunta de deixar Vigo “fóra” das novas residencias: “É unha desvergoña política”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou de “desvergoña política” o trato da Xunta...

Víctor Manuel actuará en Vigo o 30 de xaneiro

O cantautor Víctor Manuel anunciou as primeiras datas da súa xira prevista para 2027,...

Remolcado en Vigo un barco ao quedar sen máquina e outro na Pobra do Caramiñal por problemas debido á néboa

Salvamento Marítimo tivo que remolcar dúas embarcacións durante a madrugada deste martes en Galicia...