InicioSucesosFerido un bombeiro en Vigo tras caerlle enriba a árbore que podaba

Ferido un bombeiro en Vigo tras caerlle enriba a árbore que podaba

O suceso provocoulle "lesións de diversa consideración".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un bombeiro foi evacuado na madrugada deste xoves polos servizos sanitarios despois de sufrir un accidente mentres cortaba unha árbore, que caeu encima, no lugar de Fragoselo, en Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, o equipo médico que acudiu ata o lugar dos feitos indicou que a árbore lle caeu encima e lle provocou “lesións de diversa consideración”.

Sobre as 6,00 horas unha chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 avisou ao 112 Galicia do incidente. Tras iso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) puxo a situación en coñecemento de axentes da Policía Nacional e Local.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico que levou ao centro Fremap ao bombeiro ferido, J.L.C.G., de 58 anos de idade, confirmaron fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por prender lume á casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

A Garda Civil detivo este martes a un home de 45 anos como presunto...

Queres saber como afrontar os desafíos da tecnoloxía en cultura dixital, IA e desinformación?

O 17 de maio estivo cheo de celebracións. Ademais do Día das Letras Galegas,...

Caballero molesto con Rueda por quedar “calado” ante o “ataque” de Mañueco a Vigo polas paradas do AVE

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este martes que o presidente da Xunta,...