InicioSociedadePode o casco vello de Vigo aturar case 200.000 persoas por día?

Pode o casco vello de Vigo aturar case 200.000 persoas por día?

O Concello de Vigo cifra en máis 750.000 as persoas que visitaron a iluminación do Nadal este fin de semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou en máis 750.000 as persoas que visitaron a iluminación do Nadal entre este xoves e este domingo, de acordo cun método de cálculo disposto polo Concello na árbore situada en Porta do Sol. Un cálculo que sae en case 200.000 persoas por día, 100.000 menos das que ten a propia cidade.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, o rexedor olívico estimou a taxa de ocupación hoteleira da cidade nun 100 por cen e insistiu en que tamén que houbo moitos visitantes que se aloxaron noutras localidades limítrofes.

Ademais, asegurou que “nunca” vira zonas da cidade como a rúa Príncipe “tan cheas” e asegurou que a fila de persoas que esperaba para subirse á nora situada en Praza Compostela estendíase ata a rúa de Marqués de Valladares.

Respecto dos visitantes, apuntou que se trata de persoas cunha “alta capacidade adquisitiva” e que, principalmente, desprázanse á cidade mediante excursións procedentes de distintos puntos da comunidade. Así mesmo, Abel Caballero avanzou que se espera que se rexistre unha gran afluencia de visitantes na urbe olívica durante as pontes de Noitevella e da Noite de Reyes.

Así estaba o centro de Vigo esta pasada fin de semana segundo puido comprobar a cámara de XdV.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...