InicioSociedadePolítica Social destaca o papel dos comedores sociais, sobre todo no Nadal

Política Social destaca o papel dos comedores sociais, sobre todo no Nadal

O director xeral de Inclusión Social visitou La Esperanza de Vigo este sábado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou este sábado o comedor social La Esperanza de Vigo, ao que a Xunta de Galicia destina máis de 200.000 euros entre 2018 e 2020. Alí mantivo unha entrevista de traballo con representantes da entidade encargada da súa xestión, Casa Caridade-Fogar San José, para coñecer a súa situación e necesidades do centro.

No transcurso do encontro, Arturo Parrado destacou o papel de organizacións como esta polo seu papel na atención ás persoas máis vulnerables, especialmente nestas datas de Nadal. O director xeral subliñou que Vigo é unha cidade máis solidaria grazas aos servizos que se prestan os 365 días do ano o comedor La Esperanza.

Neste sentido, afirmou que esta entidade seguirá contando co apoio do Executivo galego na posta en marcha de iniciativas que loiten pola plena inclusión e pola axuda ás persoas máis vulnerables, un labor para o que estimou imprescindible a colaboración con todas as administracións involucradas.

ÚLTIMAS

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...