InicioSociedadeO acusado do asasinato de Ana Enjamio di que a noite do...

O acusado do asasinato de Ana Enjamio di que a noite do crime tivo “un escarceo con ela no baño”

Nega que a matara e era unha "mentireira" e que tiña unha "relación clandestina" con el. "Non se está xulgado a moralidade dunha persoa morta, nin as súas relacións nin a súa personalidade", incidiu a letrada da Xunta, quen lembrou que Ana Enjamio foi atacada "nun momento de vulnerabilidade" e cando estaba "totalmente indefensa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O acusado como presunto autor do asasinato da moza enxeñeira Ana Enjamio negou matala e afirmou que mantiña con ela unha “relación clandestina”, posto que a moza era, ao mesmo tempo, parella doutro mozo.

Así o explicou César A.O., para quen a Fiscalía pide 27 anos de prisión, e que está a ser xulgado por un tribunal de xurado na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

O procesado aceptou responder as preguntas de todas a partes e, a preguntas da fiscal, negou que matase a Ana, a quen definiu como unha “cabeciña tola”, que “non tiña reparos en mentir” e capaz de “disimular” ata o punto de ocultar a súa relación con el porque estaba preocupada “pola súa reputación”.

O acusado admitiu que enviou mensaxes ao noivo de Ana para “polos a mal” pero asegurou que ela lle “perdoou” e que, de feito, a noite do crime, pensaran “facer unha escapada” para estar xuntos despois da cea de empresa, tras estar bailando durante esa celebración e ter “un escarceo” no baño.

DETENCIÓN E INTENTO DE SUICIDIO

O acusado afirmou que, tras esa cea, e dado que Ana temía que o seu noivo os sorprendese, optou por volver a casa. Segundo afirmou, non só non se dirixiu ao domicilio da moza para esperala, senón que “nunca” estivo nese piso porque as compañeiras de Ana “non lle deixaban levar mozos”.

Segundo a súa versión, decatouse do asasinato de Ana ao día seguinte, por boca dos seus compañeiros de traballo, cando acudiu a declarar a Comisaría. “Quedei en shock, nunha nube”, afirmou e recoñeceu que, tras coñecer a noticia, tentou suicidarse cortándose as veas.

O procesado deixou unha carta de despedida na que, entre outras consideracións, apuntaba: “Ana, perdóame, queríache tanto, non o puiden soportar“. Tal e como explicou ante o tribunal, con esa frase referíase a que non puidera soportar a morte da moza e pedíalle perdón por quitarse a vida.

Con respecto ás circunstancias da detención, César A.O. explicou que non entregou á Policía a roupa que levaba posta a noite da cea porque lle roubaron “o abrigo e temía que non lle cresen e o inculparan”. De feito, esa roupa, así como a arma do crime e o teléfono de Ana Enjamio nunca apareceron, aínda que si se recolleron mostras de sangue da moza no coche do acusado.

Segundo os informes forenses, a vítima sufriu unha trintena de coiteladas, das que 12 alcanzáronlle o corazón, e presentaba tamén feridas defensivas nas mans e marcas na boca, coma se lla taparan con moita forza.

ALEGACIÓNS INICIAIS

Antes de comezar a declaración do acusado, as partes presentaron as súas respectivas alegacións ante o tribunal de xurado. Así, tanto a Fiscalía como a acusación popular (exercida pola Xunta) insistiron moito en que, o que se xulga neste caso, “non é o comportamento da vítima, nin se tiña relacións cun, con outro ou con varios”.

Non se está xulgado a moralidade dunha persoa morta, nin as súas relacións nin a súa personalidade”, incidiu a letrada da Xunta, quen lembrou que Ana Enjamio foi atacada “nun momento de vulnerabilidade” e cando estaba “totalmente indefensa”.

Mentres, o avogado da familia da vítima fixo fincapé en que César A.O. converteu a vida de Ana “nun auténtico inferno”, cheo de “pequenos actos de vinganza” porque non asumía a ruptura da relación, e mantiña un “comportamento obsesivo”. “A Ana non a asasinou un maleante ao azar para roubarlle. Quen a asasinou tiña intención de matar, de causar unha morte brutal”, recalcou.

Por contra, o seu letrado defensor proclamou que “César é inocente e non cometeu este horrible crime contra a persoa que máis quixo na súa vida”, unha moza que, segundo aseverou, “daba mostras de que o elixiu a el”, en lugar de o seu noivo. “Non hai ningún elemento obxectivo que o incrimine”, subliñou este avogado, quen lamentou que “os medios de comunicación xa o condenaron” .

Así, mentres que as acusacións solicitan penas de prisión que van desde os 27 aos 39 anos (polos delitos de asasinato, acoso e vulneración da intimidade), o avogado defensor reclamou a libre absolución do seu patrocinado.

ÚLTIMAS

Aínda queda xente honesta: unha persoa acha unha bolsa con case 2.000 euros e entrégalla á Policía Local

A Policía Local devolveu ao seu lexítimo dono unha bolsa que contiña case 2.000 euros e...

Caballero pregunta a Louzán se a exclusión de Vigo do Mundial 2030 foi por “odio” ou por “instrucións de Rueda”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a acusar este mércores a Rafael Louzán,...

Deteñen por ameazas ao mozo que agredira a outro menor en Vigo en novembro

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, confirmou a detención por ameazas, este...

Un menor agredido en Vigo leva días sen ir ao insituto e recibindo ameazas, denuncian os pais

Os pais dun menor que sufriu unha agresión hai varias semanas en Vigo denunciaron...