InicioSucesosDesarticulada unha organización de tráfico de heroína e cocaína en Vigo e...

Desarticulada unha organización de tráfico de heroína e cocaína en Vigo e contorna

A base do grupo criminal situábase no Calvario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A responsable dunha organización de tráfico de heroína e cocaína que abastecía a Vigo e a súa área e outras tres persoas da súa confianza, dous homes e outra muller, foron detidos.

Segundo trasladaron fontes policiais, a líder do grupo forma parte dun clan familiar cuxos membros cumpren condenas de cárcere por unha operación anterior. A actuación permitiu a incautación unha gran cantidade de heroína, cocaína, marihuana e outros efectos, ademais da localización das vivendas utilizadas para ocultar as sustancias estupefacientes e preparalas para ser distribuídas.

Mediante as investigacións realizadas, os axentes descubriron que esta organización, que contaba cun amplo soporte loxístico, pretendía ampliar o seu ámbito de actuación a outros puntos da cidade e a comarca. Ademais, comprobouse que a droga se distribuía mediante distintas vivendas e pequenos vendedores, aínda que a base do grupo criminal situábase no Calvario.

Ante esta situación, realizáronse controis na contorna co obxectivo de deter aos responsables da organización cando procedesen a trasladar a droga para distribuíla e vendela. Deste xeito, interceptouse aos líderes do grupo e interviñéronse distintas drogas e outros efectos.

Posteriormente, os detidos foron trasladados a Comisaría para tomarlles declaración e comprobouse que contaban con varios antecedentes policiais dos que varios se relacionaban con feitos similares. Finalmente, estas persoas e todo o actuado pasaron a disposición do xulgado de Instrución de Vigo en funcións de garda.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...