InicioSociedadeA Xunta defende que "non se deixou desamparada" a unha familia desafiuzada...

A Xunta defende que “non se deixou desamparada” a unha familia desafiuzada en Vigo

Antón Sánchez (Grupo Común da Esquerda) reprobou que a conselleira "bote balóns fóra".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Vivenda, Ánxeles Vázquez, asegurou que a Xunta deu resposta “na medida das súas posibilidades” e “non deixou desamparada” a unha familia de Vigo afectada por un desafiuzamento e defendeu os plans autonómicos de aluguer a prezo reducido, á vez que censurou que o Consistorio que dirixe o socialista Abel Caballero non se adherise ao programa de vivendas baleiras.

No pleno deste mércores, o parlamentario Antón Sánchez (Grupo Común da Esquerda) reprobou que a conselleira “bote balóns fóra” á vez que instou ao Executivo a garantir unha alternativa a esta familia que podería ser desafiuzada “ao non poder afrontar o pago do seu aluguer cos ingresos da Risga“.

Vázquez, pola súa banda, esgrimiu que a familia foi atendida no marco do programa ‘Reconduce’, “pediu o bono de aluguer social, asesoróuselles”, ata facilitarlles 225 euros ao mes durante “un ano prorrogable ata os tres”, ademais dunha “axuda inicial única de 600 euros”.

“Como a familia non foi capaz (de conseguir outra vivenda) porque non había quen os alugase, fíxose unha adxudicación por parte do IGVS”, relatou, e concretou que se pon sobre a mesa as opcións dunha vivenda en Tomiño ou na Cañiza.

Non se deixa desamparada á familia, dáse unha resposta na medida das posibilidades e faise a través do Reconduce”, resolveu.

ÚLTIMAS

Evacuada unha pasaxeira ferida do buque oceanográfico vigués Sarmiento de Gamboa

Unha persoa que navegaba no buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa resultou ferida mentres realizaba...

Vigo reclamará a Audasa máis de 138.000 euros polo IBI da AP-9

O Concello de Vigo reclamará á concesionaria da AP-9, Audasa, o pagamento de 138.345...

O TSXG revisa este luns a condena de 13 anos e medio polo crime de Coia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebrará...

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...