InicioSucesosUn accidente no túnel da Madroa provoca quilómetros de retención na AP-9...

Un accidente no túnel da Madroa provoca quilómetros de retención na AP-9 dirección Vigo

No sitistro estiveron implicados tres vehículos, pero non hai feridos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente dentro do túnel da Madroa no que estiveron implicados tres vehículos provocou quilómetros de retención na AP-9 en dirección Vigo que se podía visualizar ata a zona de Chapela.

Así, segundo informou o 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 7,50 horas deste martes e os servizos de emerxencia tiveron constancia deles a través da chamada dun particular, que avisaba dos feitos e aseguraba que non había ningún ferido.

Desta maneira, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertou á Garda Civil, ao persoal da autoestrada, á Policía Local e a Protección Civil.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...