InicioSucesosO xulgado decreta prisión para o home acusado de apuñalar á súa...

O xulgado decreta prisión para o home acusado de apuñalar á súa parella este venres en Vigo

O xulgado que instrúe o caso da agresión cunha arma branca a unha muller o pasado venres en Vigo decretou prisión provisional para o detido, parella da vítima. Ademais, o caso foi inhibido aos Xulgados de Violencia sobre a muller.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado que instrúe o caso da agresión cunha arma branca a unha muller o pasado venres en Vigo decretou prisión provisional para o detido, parella da vítima. Ademais, o caso foi inhibido aos Xulgados de Violencia sobre a muller.

O pasado venres, un home de 48 anos foi detido por apuñalar á súa parella, de 43 anos de idade. Ambos convivían nun baixo situado nun inmoble á altura do número 7 da rúa Vázquez Varela na cidade olívica, onde se produciron os feitos.

Segundo informou a Policía Nacional, non constaban denuncias previas por violencia de xénero nin unha orde de afastamento. O presunto agresor foi detido cando tentaba fuxir do lugar en motocicleta.

A muller, que tras ser apuñalada no domicilio baixou á rúa polo seu propio pé, foi ferida cun coitelo de cociña no abdome debaixo da mama dereita, e conta con varios cortes superficiais no pescozo. Foi un veciño o que alertou a emerxencias cando a viu na rúa.

A pesar do sucedido, a vítima está “estable” e a súa vida non corre perigo, aínda que se atopa no Hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...