InicioSociedadeIrene Villa imparte unha conferencia sobre superación persoal e profesional en Vigo

Irene Villa imparte unha conferencia sobre superación persoal e profesional en Vigo

A cita terá lugar este mércores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xornalista Irene Villa estará este mércores en Vigo para impartir a conferencia ‘Las barreras las pones tú’, na que falará sobre a superación persoal e profesional e como enfrontarse aos retos vitais.

Esta conferencia enmárcase no ciclo ‘Educación Século XXI’ da Obra Social de Abanca, que nun comunicado destacou esta aposta “pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais e creando foros de intercambio de coñecemento que inclúan tanto a docentes como a nais e pais”.

Irene Villa será a seguinte protagonista deste programa e estará o mércores 30 de outubro na Sede Afundación de Vigo e o xoves 31 na Sede Afundación da Coruña. Todas as prazas dispoñibles para asistir a ambas as charlas xa están cubertas.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...